É un proceso no que todo o pobo se implica; as xentes deixan os baixos das súas casas para as xuntanzas do picado, selección de flores,… persoas creativas que axudan a facer os debuxos, dependentas de tendas que meses antes van gardando caixas para a posterior selección, traballadores municipais que recorren quilómetros e quilómetros conseguindo verde para despois picar, xente anónima que dá uns cartiños para flores para a Virxe, maiores que non podendo xa axudar no traballo máis duro, achéganse cunha cafeteira para facer un descanso e rir, xente que coidando todo o ano o seu xardín deixa que as súas flores acaben nunhas caixas para un bo momento…
as alfombras das flores parecenme moi bonitas é pareceme que está moi ben expresado o que dicides das flores.